Somos un equipo de enxeñeiros con experiencia no deseño e desenvolvemento de solucións en diferentes campos como a enerxía, a aeronáutica e a mobilidade.
Combinamos a nosa experiencia, creatividade e criterios técnicos para interpretar as necesidades de cada proxecto e facer modelos eficaces.
Conecta cos fabricantes nacionais de impresión 3D, corte, mecanizado e moito máis a través de anzol.eu
Impartimos formacións como obradoiros de animación 2D e videoxogos para Cruz Vermella, webinars para a Cámara de Comercio de Santiago e mentoring no Terra Creative Jam 2022 USC Lugo
Participamos en eventos como a Pont-Up Store 2022 en Pontevedra e o Explorer Trip de Santander X + European Innovation Academy 2022 en Porto
Deseñamos e producimos obxectos duradeiros e altamente personalizables en impresión 3D e madeira para agasallos, fogar e tendas. @miramoura.despunte
Creación de videoxogos sinxelos como Tiny tactics e Fofo e a pesca do lixo premiado no concurso Xuventude Crea 2020 da Xunta de Galicia